Casa das Artes, Vigo
10 agosto – 16 septiembre
2018
SÓ CONSTRUÍNDO A MIRADA HABITAREMOS A PAISAXE
Casa das Artes, Vigo
10 agosto – 16 septiembre
2018
Ficha técnica
ORGANIZA
Concello de Vigo
EXPOSICIÓN
Promoción y gestión
Concellería delegada del Área de Cultura. Servicio de Museos Municipales.
Concello de Vigo
Comisariado y diseño del proyecto
Carlos Puga | Copias de Autor
Artistas
Andrés Baltar, Silvia Calvo, Manuel Chapela, Rosendo Cid, Javier Fernández Pérez de Lis, Yatir Fernández, Jorge Lens, Enrique Lista, Tania Martínez, Iván Nespereira, Paula Peixe, Gore Vázquez
Rotulación
MOMO, impresión digital
Producción, montaje y transporte
Alejandro Novoa | Copias de Autor
Sonia Otero | Cubic Xestión Cultural
Concierto inauguración
Artista: Gabriel Gasio
Producción: Gabriel Gasio
PUBLICACIÓN
Edición
Servizo de Museos Municipais del Concello de Vigo
Textos
Xabier Fernández
Fotografías
Andrés Baltar, Silvia Calvo, Manuel Chapela, Javier Fernández Pérez de Lis, Yatir Fernández, Jorge Lens, Enrique Lista, Tania Martínez, Iván Nespereira, Paula Peixe, Gore Vázquez
Imágenes de portada y textos de piés de página
Rosendo Cid
Diseño Gráfico
Oco Diseño | Xan Centrón Castaños
Revisión Lingüística
Servizo de Normalización Lingüística. Concello de Vigo
Impresión
Impresión, S. C.
DL: VG 513 – 2018
Só construíndo a mirada habitaremos a paisaxe
Cando o home chegou, a natureza xa estaba alí. Entre o mato e a vexetación decidíu pórse a andar por lugares estreitos de paso de animais cara ao pico do monte máis alto. Ao chegar, virou arredor de si contemplando todo o que a súa vista e as condicións de luz permitían. Sentou e, chegada a noite, deitouno o sono. Así foi a súa vida durante varios días. Ás veces, para entreter o tempo, collía do chan una pequeña pedra con forma puntiaguda e achegábaa tanto aos seus ollos, para modificar a escala, que mesmo parecía engadir un monte novo entre os que xa había. Co frío baixou e, cunhas pólas que arrincou das árbores e algúns ramallos, construíu una casa sinxela. Pasado un tempo viñeron outros homes aos que lles pareceu que o comportamento deste primeiro individuo era axeitado e razoable. Domesticaron os animais e plantaron sementes. Fixeron o mesmo ca el. Foi entón cando sentiron a necesidade de dispor do seu tempo en común e rozaron un espazo intermedio e equidistante entre as súas vivendas ao que deron en chamar “o lugar”… Ordenaron as plantas á beira dos camiños e cambiaron de sitio algunas árbores para ter sombra cando ían xuntarse no verán. Decidiron restrinxir o acceso ao interior da vivenda. Estableceuse una diferenza entre a paisaxe exterior e a paisaxe cotiá, íntima, aquela á que so se accede mediante convite. Máis adiante chegou a posibilidade de ver no adentro das cousas, incluso no interior dun gran de área. Porque a paisaxe, que sempre é una invención cultural do ser humano, una creación social, é tamén o mapa que deixa da súa forma de ser. Sérvenos, polo tanto, de índice do tema que acontece. Senón, pensemos na pegada da bota de Neil Armstrong, din que no chan da lúa.
Xabier Fernández